Tui presenta a súa Orquestra Sinfónica cun concerto de Nadal

Celebrarase o vindeiro 23 de decembro no Teatro Municipal de Tui

22/12/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha nova orquestra sinfónica chega ao panorama musical galego. Da man do conservatorio de Tui, este concello presenta cun concerto de nadal a súa propia formación musical deste tipo. Seccións de cordas, metais, madeira e un piano concentran 42 intépretes, alumnos do conservatorio, antigos alumnos e convidados, baixo a dirección de Luís Caballero. A estrea da formación será un concerto de temas de Nadal o vindeiro 23 de decembro no Teatro Municipal, para o que contará coa presenza do Coro Mixtura Vocal e mais da Escola de Danza Paula Cobián. Será a partir das 21:30, nun recital que conta con peza de Corelli, Vivaldi ou Beethoven entre outros. lvov.natashaescort.com

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Nadal, Teatro, Beethoven...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares