O Pleno da Real Academia Galega ven de aprobar o nomeamento de dous novos académicos correspondentes. Na xuntanza ordinaria celebrada o sábado na sede da institución, foron votadas favorablemente as propostas recibidas para outorgar este recoñecemento ao cientÃfico Jorge Mira Pérez e a Carlos Xavier RodrÃguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires. Na figura de académicos correspondentes poden participar nas tarefas cientÃficas e sociais da institución pero non nos seus órganos de goberno e ademais non teñen obriga de residencia na comunidade.
Carlos Brandeiro (San Román de Cedeira, 1970) é na actualidade unha das principais figuras de referencia das colectividades galegas en Arxentina e Uruguai, e mesmo noutros ámbitos de América Latina. Co seu nomeamento a RAG afortala a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións. Desde 2013 dirixe o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, da Fundación Galicia-América. Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela. Alén das liñas de investigación que mantén en eidos exclusivos das ciencias experimentais, traballa na modelización matemática de sistemas sociais aplicada ás dinámicas lingüÃsticas, campo no que creou un modelo que reproduce a evolución histórica do número de falantes de galego e castelán en Galicia. En relación con estes estudos, colabora desde 2014 co Seminario de SociolingüÃstica da RAG traballando nun proxecto de socioloxÃa da lingua, demografÃa e evolución. Mira é tamén un recoñecido divulgador cientÃfico, colabora desde finais dos anos noventa en varios medios de comunicación (RG, TVG, TVE-Galicia e La Voz de Galicia), é o responsable do programa Conciencia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e ademais é membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.