Dezaoito novos temas cheos de "ganas de divertÃrmonos xuntos, cantar e bailar ata rebentar". Esta é a proposta que fai o proxecto Maria Fumaça con Aire, a súa terceira entrega discográfica que está xa á venda na colección "Sonárbore" de Galaxia. O libro-CD, que mantén as ilustracións de P. Pastor, inclúe un DVD con vÃdeos dos temas e achega "unha invitación a entrar no universo do noso maquinista RuÃ, nos seus xogos, no seu mundo rico, imaxinativo e diferente, a entendelo por riba de todo e a respirar o mesmo aire", segundo explica a presentación do álbum. UxÃa Senlle, Sergio Tannus, MagÃn Blanco ou Santi Cribeiro capitanean un equipo que suma máis de 30 persoas en escena, con nomes como Tatán, Andrés Giráldez, Antonio Castillo, Raquel DomÃnguez, Pablo Ces, Oli Xiráldez, Chus, Ana, Manola ou RuÃ. Esta mesma mañá, o CEIP compostelán Lamas de Abade acolle unha presentación pública do proxecto. A primeira parada ao vivo será Ourense, onde o Auditorio Municipal acollerá un concerto o vindeiro 18 de novembro, Vigo seguirá na xira o 28 de decembro e a Illa de Arousa o 4 de xaneiro.