O XXIX Premio de PoesÃa Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro, foi para Ramón Blanco. O autor de Outes impúxose na convocatoria co seu traballo Se pedra na Brétema e recibirá 2.300 euros, ademais de ver publicado o seu traballo pola editorial Sotelo Blanco. O poeta recollerá o premio o vindeiro sábado 17 nun acto que estará amenizado musicalmente por Xoán Curiel e Iris Grey e no que se presentará a edición da obra gañadora da anterior xeira do certame, Fornelos & Fornelos. Segunda fundación de Xerardo Quintiá. Ramón Blanco xa publicara anteriormente obras como Orfeu en soños e Emily on the road.