Nace Cumieira, unha publicación para difundir a investigación dos estudantes sobre o galego

Promóvea o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo presenta o primeiro número da revista Cumieira. Cadernos de investigación da Nova Filoloxía Galega, que nace co obxectivo de dar a coñecer os traballos científicos do alumnado, tanto de grao como de mestrado, no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego. O primeiro volume, editado polo profesor Xosé A. Fernández Salgado, recolle os traballos de sete investigadoras novas sobre diferentes temas lingüísticos e literarios.

Entre eles, o de Cristina Joven achega datos sobre a realidade sociolingüística do alumnado de secundaria en tres centros da provincia de Pontevedra tocante ás actitudes lingüísticas cara aos galegofalantes, o español de Galicia e o acento galego e, tamén no ámbito da sociolingüística, se inscribe a panorámica que realiza Andrea Castelo sobre a vitalidade en diversos eidos do mirandés, lingua minorizada pertencente ao grupo asturleonés que se fala nas terras portuguesas de Miranda do Douro raianas con Zamora. Pola súa banda, Reyes Rodríguez ofrece un exhaustivo estudo dos trazos fónicos e morfosintácticos máis característicos da fala de Entrimo, que lle serven ademais para revisar algún dos datos dialectais que xa se recolleran hai máis de catro décadas desta zona limiá e, nas cuestións dialectais céntrase tamén Laura Piñeiro, neste caso cun estudo centrado nos falantes do Morrazo. Son algúns dos xemplos da publicación.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cumieira das Letras num. 1

Quiosco: Cumieira das Letras num. 1

A nova publicación anual Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo comeza cun monográfico sobre Álvaro Cunqueiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Secundaria, Castelo, Zamora...