A banda compostelá Ivy Moon representará a España na final do festival Imagine que se celebrará en Zagreb. A praza central da capital croata acollerá o vindeiro 10 de decembro, o concerto-concurso no que a banda Ivy Moon terá dez minutos para convencer ao xurado do Certame Imagine, unha convocatoria de carácter mundial para solistas ou intérpretes que teñen en común a mocidade, xa que é requisito indispensable ter entre 13 e 21 anos no momento da inscrición para participar. Ivy Moon xa conseguiu convencer na fase española da competición e resultou elixida para ser unha das sete propostas musicais finalistas a nivel mundial . Na mesma final nacional, que tivo lugar en barcelona o pasado 19 de marzo, a banda acadou tamén o Premio Juventudes Musicale e o Premio Beat Music. Nunha rolda de prensa celebrada hoxe no Concello de Santiago a banda explicou que acudirá á final internacional cun tema especÃfico preparado para isto no que dan cabida a ritmos africanos e balcánicos asà como á sons da música popular galega. No tema, que se chamará DistopÃa cada un dos catro músicos da banda tocará dous instrumentos diferentes ao longo do tema.
Ivy Moon é unha banda de Santiago de Compostela que nace a mediados do 2014 cando Elba Souto, Inés Mirás, Alberto Rama e Pablo González deciden unirse para crear a súa propia música combinando o rock alternativo coa psicodelia. Debutan ese mesmo ano en agosto no "Brincadeira Festival", aos dous meses de sacar o seu primeiro EP homónimo Ivy Moon. Nos meses seguintes inician unha xira de concertos por salas de toda Galicia. En 2015 se crearon o seu segundo EP, Prelude. O premio do festival consistirá nunha xira europea para a proposta vencedora.