Aparece unha nova revista de cómic galego: BD Banda

Bd Banda: Unha nova esperanza

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Na primeira semana de maio sae ó mercado "BD Banda", unha revista que, desde Pontevedra, pretende cubrir un oco nas revistas de banda deseñada para adultos en todo o estado español.

BD Banda nº1
1/18
BD Banda nº1
2/18
Bd Banda nº1
3/18
BD Banda nº1
4/18
BD Banda nº1
5/18
BD Banda nº1
6/18
BD Banda nº1
7/18
BD Banda nº1
8/18
BD Banda nº1
9/18
BD Banda nº1
10/18
BD Banda nº1
11/18
BD Banda nº1
12/18
BD Banda nº1
13/18
BD Banda nº1
14/18
BD Banda nº1
15/18
BD Banda nº1
16/18
BD Banda nº1
17/18
BD Banda nº1
18/18

Trátase dunha publicación alternativa, sobria, variada e de calidade, centrada nas historias e non na información sobre o xénero.



Para acadalo o equipo que pon en marcha esta publicación, no que está integrado Kiko Da Silva entre outros afeccionados ó xénero, sacará unha edición en galego e outra en castelán (dentro dun par de meses), destinada á súa distribución fóra.



Entre os colaboradores, nomes de luxo. Xan López Domínguez, Fran Jaraba, Miguelanxo Prado (no segundo número), Kiko Da Silva, Miguel Anxo Robledo (que ve por fin publicada a súa serie "Os cabezóns"), Fernando Ruibal, Siro López, Xaquín Marín, Marcos Paz Navas, e aínda máis.



Para o día dezaoito de maio está previsto que comezen as presentacións por toda a xeografía galega, e en canto estea lista edición en castelán, realizarase unha presentación no FNAC de Madrid.



A idea da revista, realizada a base de traballo non remunerado, é a de que os ingresos de cada número sirvan para pagar o seguinte, dando a oportunidade de que moitos autores novos se promocionen onda outros consagrados a nivel estatal.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Cómic, Banda deseñada, Pontevedra...