Quiosco: número F de Galicia21, journal of contemporary studies

Inclúe estudos sobre fotografía, audiovisual e cultura galega

Capa do número F
Capa do número F
A revista electrónica de estudos galegos Galicia 21, journal of contemporary studies, vén de sacar o seu número F, correspondente a 2014-2015. Entre os numerosos artigos publicados, destacan "Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas", de Manuela Palacios, "Galician Memorials: Civic Activism and Shortcomings", de John Thompson, da Universidade de Montana (Estados Unidos) ou "Paisaxe na néboa. Unha cartografía do cinema galego recente", da profesora Marta Pérez Pereiro, da USC. A revista é de libre acceso en Internet.