O Salón teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego, acollerá os vindeiros 9 e 10 de decembro as xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente, que buscaran vías de visibilización para o traballo de escrita de teatro que autores e autoras contemporáneas están a realizar. A Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, e mailo CDG organizan este encontro no que máis de trinta profesionais entre dramaturgos, creadores, estudosos, críticos e editores intervirán en seis mesas de debate. A conferencia inaugural correrá a cargo de Manuel Lourenzo, recente gañador do XIII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais e nela abordará a evolución histórica da dramaturxia galega, coas súas eivas e as súas conquistas. As xornadas Dramaturxente foron presentadas hoxe en rolda de prensa no Salón Teatro por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic); Fefa Noia, directora do CDG; Clara Gayo e Zé Paredes, representantes de DramaturGA.
Para a directora do CDG, Fefa Noia, o establecemento dun diálogo cos dramaturgos contemporáneos e o apoio á dramaturxia galega formaba parte principal do seu programa de acción para o Centro. Neste sentido Noia puxo a base do seu interese na necesidade de "reflexionar sobre que é a identidade nacional, que é ser galego e que é Galicia desde o escenario, a cal é unha das funcións principais do CDG". Tanto ela como os representantes de DramaturGA salientaron a "feliz coincidencia" do seu nomeamento como directora, con esta liña de programa, coa creación da propia asociación DramaturGA, o cal facilitou un diálogo entre ambas partes do que xurdiu a idea destas xornadas. Para Noia estas xornadas son importantes para definir medidas concretas que se poidan implementar tras "localizar as eivas que fan que tanto talento teña un escaparate reducido". Ampliar a visibilidade do traballo de escrita dramatúrxica actual nun contexto no que as obras teñen difícil xeito de escenificarse tamén foi prioridade que destacou Clara Gayo, que representa a unha asociación con 27 persoas e composición case igualitaria de escritores e escritoras. O programa das xornadas foi presentado por Zé Paredes, que explicou a división de Dramaturxente en temáticas básicas que representan os "problemas dos dramaturgos e dramaturgas de Galicia", como a cuestión da edición editorial do xénero; o papel da crítica literaria na visibilización da dramaturxia; o enfrontamento dialéctico universal entre os formatos teatrais textuais e as performance ou formatos posdramáticos ; o peso do teatro infantil xuvenil na escena actual, "é a area teatral que máis dramaturxia galega utiliza", segundo Paredes. Tamén haberá unha mesa de debate que se preocupará pola aínda minoritaria presenza de mulleres na dramaturxia e na dirección de escena galegas. Finalmente as xornadas estudarán a diversidade do teatro a través de formatos híbridos que usan da escrita pero non encaixan nos formatos clásicos. A matrícula nas xornadas é gratuíta e pode facerse a través do web do CDG.
A recente posta en marcha, neste mesmo mes, da Sección de Literatura Dramática da AELG foi valorada moi positivamente polos membros de DramaturGA que aseguraron que "hai comunicación entre as dúas asociacións porque compartimos asociados e todo o que se faga polo teatro galego e facilitar espazos de discusión está ben". Segundo Zé Paredes hai unha especificidade do xénero dramatúrxico que os diferenza de outros escritores "nós escribimos para que a nosa escrita se fale". Polo tanto para Paredes a relación que teñen que establecer é "co resto da profesión teatral" e "por esa especificidade é que creamos DramaturGA", dixo. As reclamacións que desde a Sección de Literatura da AELG se trasladaron a Agadic, no sentido de asegurar a anualidade dos premios de escrita teatral e de aumentar a baremación en axudas ou subvencións a montaxes teatrais que usen dramaturxia galega serán debatidas nunha vindeira reunión con eles, segundo Jacobo Sutil.