Santy e Kiko da Silva gañan o Concurso J&B "Joven y Brillante"

O humor de J&B fala galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os dous primeiros premios de Humor Gráfico no concurso J&B "Joven y Brillante" ficaron en Galicia: Santy Gutiérrez e Kiko da Silva son os galardoados.

1º premio Concurso J&B "Joven y Brillante"
1º premio Concurso J&B "Joven y Brillante"

O gañador foi Santiago Gutiérrez "Santy", colaborador habitual de "El Progreso" e "Atlántico Diario". O segundo premio e un dos accésits do certame foron para Kiko Da Silva, debuxante de banda deseñada ademais de humorista gráfico e amigo de Santy.



Os traballos dos dous galegos foron seleccionados entre máis de 3000 por un xurado no que estaban presentes nomes tan destacados coma José Antonio Fernández "Fer", Gallego y Rey, José García "PGarcía", Ricardo y Nacho, Antonio Mingote, Julio Sanchís, Alfonso Ussía e Josep María Cárdena.



O traballo de Santy que foi seleccionado entre os quince que enviou xa tiña aparecido en "Atlántico Diario" e en "El Progreso", segundo publican estes medios. Pola súa banda, os traballos que se seleccionaron de Kiko da Silva foron senllas ilustracións publicadas no suplemento de humor gráfico de "La Voz de Galicia" "Xatentendo.com", sendo unha delas sobre o traballo dos funcinarios e a outra unha caricatura de Fraga.



A contía dos premios, que se entregarán en Madrid a finais de Abril, ascende a un millón de pesetas no caso de Santy e a 425.000 no de Kiko da Silva.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

fin de semana 19/01

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Humor, Santy Gutiérrez, El Progreso...