Unha maior presenza pública da dramaturxia escrita no paÃs, que as administracións teñan en conta a autorÃa galega das obras á hora de outorgar axudas públicas ou potenciar os estudos sobre a escrita dramática cunha publicación. Estas son algunhas das reclamacións coas que rematou a I Asemblea da Sección de Literatura Dramática da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que se celebrou o pasado 5 de novembro e que acaban de se facer públicas. O encontro contou con participantes como Afonso Becerra, Xavier Castiñeira, Rafael Catoira, Xoán Carlos Corredoira, Raúl Dans, Moncho Iglesias, Carlos Labraña, Manuel Lourenzo, Xesús Pisón, Gustavo Pernas, Cesáreo Sánchez, Paco Souto ou Noelia Toledano. Entre outras propostas, os participantos acordaron "abrir unha nova xanela na páxina web da AELG na que se inclúan as dramaturgas e dramaturgos, asà como un catálogo das obras de literatura dramática" ou "solicitar á AGADIC que aumente a puntuación, nos baremos das axudas e subvencións á produción teatral, para os proxectos artÃsticos das compañÃas de teatro que escollan para realizar o seu espectáculo un texto de literatura dramática galega".
A maiores, os escritores dramáticos do paÃs reclaman que os diferentes premios orientados a galardoar a escrita dramática que existen no paÃs pasen a ter periodicidade anual, e buscarán financiamento para publicar unha revisa que "recolla os estudos e artigos sobre a literatura dramática actual que se atopan dispersos en revistas, actas de congresos ou en libros de difÃcil acceso". Do mesmo xeito, anuncian un intercambio do Teatre Nacional de Catalunya para desenvolver ciclos de lecturas dramatizadas.