Falece Tabe, baixista de Zënzar

Comezara a súa carreira musical nos anos 80 en Meirama

3/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Tabe. Fotografía de Juan Luís Rúa no Facebook de Zënzar

Logo de seis meses de enfermidade, José A. Regueiro "Tabe", baixista do grupo Zënzar, falecía na mañá de onte, 2 de novembro aos 52 anos de idade. Membro fundador da banda decana do rock galego, Tabe iniciara o seu labor musical nos anos oitenta coa súa participación en Átomo, e desde aquela desenvolveu unha intensa carreira durante tres décadas. O pasado mes de decembro de 2015 daba o seu último concerto en Ourense nun recital no que tamén participaba Ruxe Ruxe. Nos últimos meses Laura Romero ocupara o seu posto nos directos de Zënzar. A morte do músico está a suscitar abondosas reacción de dor no ámbito musical do país.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Rock, Ruxe Ruxe, Ourense

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares