O Alén protagoniza as I Xornadas de Antropoloxía

A SAGA organiza este encontro en Pontevedra ata o vindeiro día 6

Co lema Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza en Pontevedra as I Xornadas de Antropoloxía. Desde hoxe e ata o vindeiro seis de novembro, unha serie de relatorios abordarán cuestións como Mouros, ánimas, demos e encantos nos grimorios e ciprianillos,Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros, Romeiros do alén ou a presentación do proxecto audiovisual Palabras secretas. Tamén se abordará, entre outras cuestións, o chamanismo entre os pobos siberianos ou os Tarahumara. Nos relatores, nomes como Ana Lois, Carlos Víctor Rodríguez, Marcial Gondar, Félix Castro ou Buenaventura Aparicio. Precisamente este último guiará, no marco do programa, unha visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón. No marco do evento tamén se proxectarán os filmes Em companhia da morte e Terra das marabillas, que irán acompañadas de cadanseu coloquio.