Xa están confirmadas as intervencións da segunda edición do LGx15, o evento arredor da galego organizado pola CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua) no que oito intervintes usarán menos de quince minutos para trasladar as súas visións, reflexións e ideas sobre os usos do galego. En clave de humor, de divulgación científica ou de partillado de experiencias cada participante sumará algo ao espectáculo. O acto estará presentado polos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís o Caruncho. Entre os intervintes estarán as xornalistas e comunicadoras Belén regueira e María Yáñez. Esta última falará da existencia dunha Primavera millennial para o galego na súa exposición da que explica que "as redes están xerando unha nova cultura popular en galego que bascula entre o oral e o escrito, entre o anónimo e o autoral, entre o activismo e as risas." Os blogueiros Diana Fernández (1989) e David Díaz (1988), dous filólogos galegos de Viveiro, que unen lingua e cociña no blog explicarán esa correlación necesaria segundo eles. A profesora e poeta Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) na súa presentación O Galego, Lingua Ártica explicará porque o galego, "como lingua 'subxacente' e 'underground', nos permite comunicarnos con persoas que falan idiomas que xamais estudamos segundo o Modelo do dobre iceberg".
No programa tamén hai outras intervencións do máis variado. O webmáster e comunicador de novas tecnoloxías. Marcus Fernández levará ao escenario a súa charla E TIC, Falas Galego? sobre o uso do idioma nas tecnoloxías da información. A zoqueira Elenea Ferro, o músico estadounidense Mark Wiersma, o labrego Alberte Lamazares tamén terán os seus quince minutos para as súas presentacións sobre a lingua galega no escenario da Sala Capitol de Santiago o vindeiro 24 de novembro. As presentacións serán expostas de pé, sen atril e con apoio audiovisual, e serán gravadas en vídeo para seren posteriormente difundidas. Como evento festivo o LGx15 tamén acollerá a actuación musical de Poetarras. As 120 entradas dispoñibles xa están á venda na web do local. A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do pasado ano, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal.