As diferentes facetas do escritor Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 1885 - Madrid, 1964) poranse sobre a mesa nun congreso internacional que comeza hoxe na Coruña. A sede en Cecebre da fundación dedicada ao autor, a Fundación Luis Seoane e o CGAI acollen os actos nos que diversos especialistas analizarán o legado do autor. Serán dúas xornadas baixo o tÃtulo O home que quixo crear, nas que se analizarán os seus vÃnculos co xornalismo e o cinema, asà como o seu papel como escritor. AsÃ, na mañá do xoves, na Fundación Luis Seoane, afondarase no seu papel como xornalista a través dos seus vÃnculos ao diario ABC, as súas crónicas parlamentarias e futbolÃsticas. Na sesión de tarde afondarase nesta cuestión, e terán lugar as primeiras comunicacións arredor da súa vertente cinematográfica, que incluirá a proxección de fragmentos de dúas versións de El malvado Carabel, e a presentación do ciclo de cinema De porterÃa a porterÃa: fútbol e cinema desde Galicia e A Coruña, na que se exhibirán imaxes do Real Club Deportivo da Coruña desde antes da Guerra Civil ata a actualidade. O centro de arte contemporánea municipal tamén acollerá a sesión de mañá do venres 21, na que se celebrará unha mesa temática arredor da historia do cinema e adaptación da obra de Fernández Flórez na sétima arte, mentres que pola tarde, xa en Cecebre, lugar onde ambientou a súa coñecida obra El bosque animado, o congreso abordará o seu papel como escritor e humorista, asà como a súa relación co galeguismo.
En paralelo hoxe comeza en Santiago o simposio ‘Xaime Isla Couto: raÃz e utopÃaÂ’ . Organizado pola Sociedade Interuniversitaria de FilosofÃa (SIFA) e pola Fundación Isla Couto, coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura e Educación, da USC e da Editorial Galaxia, o simposio reunirá durante dous dÃas intelectuais, académicos, investigadores e empresarios para analizar polo miúdo o protagonismo de Xaime Isla (Santiago, 1915, Vigo, 2012) no galeguismo do século XX como as Mocedades Galeguistas, o Partido Galeguista, a Editorial Galaxia, as loitas pola liturxia en galego e o Partido Popular Galego da Transición Democrática. Tamén abordará o seu labor como intelectual comprometido no campo da economÃa e como profesor universitario e asesor xurÃdico da Caixa de Aforros de Vigo, Zeltia, Cementos Oural e dos gremios de conserveiros e madeireiros. As xornadas desenvólvense hoxe e maña na Facultade de FilosofÃa da USC. O simposio clausurarase o venres, 21 de outubro, ás 19:00 horas, cunha mesa redonda na que participarán o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez; o vicesecretario da Real Academia Galega, Andrés Torres Queiruga; o padroeiro da Fundación Isla Couto Alberte Meixide e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal.