A primeira xeira do Premio Mondoñedo 10, que recoñece cada ano o traballo dunha década nunha área concreta da cultura, xa ten vencedor. O xurado, presidido por Antonio Reigosa, estivo composto por Henrique Monteagudo, Dolores Vilavedra, Cesáreo Sánchez Iglesias, Luís González Tosar, María Xesús Gómez, Pilar Rodríguez Álvarez, Armando Requeixo e Fran Bouso como representante da organización declarou onte como vencedor do certame a Manolo Rivas pola súa novela Os libros arden mal. Rivas impúxose entre os seis finalistas de narrativa, a competir con Begoña Caamaño e o seu Morgana en Esmelle, Víctor F. Freixanes con Cabalo de ouros, Agustín Fernández Paz e Non hai noite tan longa, María Reimóndez con O club da calceta e Antón Riveiro Coello, finalista con Laura no deserto. O escritor recolleu recolleu na tarde o diploma acreditativo e a obra artística orixinal de Caxigueiro no Concello de Mondoñedo.