O Director Xeral de I+D da Xunta anuncia a inauguración oficial do Punto Neutro galego “nos vindeiros meses”

Punto de partida

| | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O director xeral de I+D, Pedro Merino, anunciou hoxe a inauguración do Punto Neutro de Galicia, o GALNIX, “nos vindeiros meses”. Ao Punto Neutro están adheridas as operadoras Auna, Comunitel, Jazztel, R e Retegal. Telefónica polo de agora non se sumou ao proxecto. Os seus usuarios beneficiaranse dun considerable aumento da velocidade de acceso aos webs galegos hospedados en Galicia, entre eles culturagalega.org. Merino tamén destacou, no balance do 2002 do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), “a duplicación das horas consumidas polos usuarios dos ordenadores de cálculo con respecto ao 2001”, é dicir, que os investigadores universitarios galegos empregaron moita máis infraestructura pública de superordenadores de cálculo.

Máis información en culturagalega.org e sobre o CESGA e as comunicacións na súa web

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Centro de Supercomputación de Galicia