Wöyza leva a súa Pelea aos escenarios

O seu segundo disco amosa a evolución da moañesa mantendo o seu carácter

O seu segundo disco amosa a evolución da moañesa mantendo o seu carácter
Capa do disco
No ano 2009 Wöyza (Moaña, 1984) sacaba seu primeiro disco Pisando el suelo que ves, coa súa poderosa mestura de hip-hop, soul e funk a cantante e autora acadaba facerse un oco no panorama musical sen posibles comparacións. Agora chega máis guerreira e madura co novo disco Pelea , composto de 11 cortes nos que deixa a pegada inconfundible da súa voz. Comezando co tema que dá nome ao disco, Wöyza pasa por rexistros e cancións que denotan a evolución artística e persoal da artista, dando de novo cabida nas súas letras á temática social, a autosuperación, a independencia ou a sensualidade, mantendo o carácter propio do que xa facía gala no primeiro disco. Este venres comezará a súa xira de presentación de Pelea no Marula Café de Barcelona, sen datas aínda en terras galegas

O disco editado co seu propio selo Wötown, conta coa coprodución de Mundo Segundo (Dealema) e foi realizado dacabalo entre Portugal e Galicia. Ademais para esta “Pelea”, Wöyza contou coa axuda doutros nomes destabales como o produtor canadense afincado en Brooklyn, Marco Polo, que a agasallou co beat no que se basea o tema Tiempo al tiempo. Tamén colaboraron con distintos temas do disco o madrileño Lex Nevl, o artista vigués Mweslee, miembro de Arkestra, o guitarrista Antonio Casado e o cantante portugués Macaia no tema Cansada. O disco en CD xa se pode adquirir no web da artista e en formato dixital en todas as plataformas habituais. En 2015 xa saíu un maxisingle con tres temas de adianto de Pelea baixo o título SI/NO.