Solicitan a declaración de Patrimonio da Humanidade para os petróglifos

Tres especialistas inician unha campaña a favor da declaración

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

"As pinturas e gravados prehistóricos da cornisa cantábrica e máis os da zona levantina gozan deste recoñecemento [de Patrimonio da Humanidade]. O conxunto de gravados rupestres ao aire libre galego -con valor e entidade semellantes- atópase sen esa salvagarda", afirman os promotores do manifesto a prol da declaración do Patrimonio da Humanidade. Trátase de Buenaventura Aparicio (historiador), Antonio de la Peña (arqueólogo) e Rafael Quintía (antropólogo), quen denuncian que "unha parte considerable dos nosos gravados rupestres corren un grave risco, non só de deterioro, senón de desaparición". Os tres expertos responsabilizan á Xunta De Galicia de "nin tan sequera ter elaborado unha carta de riscos, despreocupándose igualmente da divulgación deste patrimonio". Xa que logo, os expertos solicitan a declaración como patrimonio da Humanidade como o medio máis eficaz para garantir a supervivencia.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os petróglifos da túa vida

Os petróglifos da túa vida

Antonio de la Peña e Buenaventura aparicio fálannos dos petróglifos que marcaron as súas carreiras

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Rafael Quintía, Manifesto, Xunta de Galicia...