A Fundación Vicente Risco de Allariz e mais a Editorial Urco intensifican a súa colaboración. Se o pasado ano convocaron conxuntamente o Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, nesta ocasión presentan un selo conxunto. Dr. Albeiros nace coa intención de publicar textos que a fundación considere de interese alén do seu ámbito institucional, e comeza a súa andaina co lanzamento de Transición, novela coa que Paulo Fernández Barba gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria deste ano. Tamén está prevista a publicación do libro de Rafael Quintiá Análise simbólica e estrutural do mito da moura galega. Co novo selo búscase conseguir unha maior difusión para este tipo de publicacións e manter un traballo editorial continuo e de calidade. O novo proxecto recupera o nome dun dos pesonaxes máis coñecidos de Vicenter Risco.