O Festival de Cine Internacional de Ourense ven de adiantar a importancia que este ano lle dará no seu programa ao audiovisual galego. Nesta 21ª edición na que se estrea como director Fran Gayo, Galicia estará presente con case vinte pezas en diversas disciplinas, tanto na súa Sección Oficial como nas paralelas. Na Competición Iberoamericana da Sección Oficial do 21 OUFF, o ourensán José Manuel Mouriño achegaralle ao público Manuel Vilariño. Ser luz, un documental ensaístico que propón una aproximación en imaxes á obra e ao universo argumental do fotógrafo e poeta coruñés Manuel Vilariño. O pontevedrés Manuel Fernández-Valdés competirá na mesma categoría co filme documental Angélica [una tragedia]. O filme retrata a axitada relación entre a creación e a vida que xira en torno á figura de Angélica Liddell durante o proceso de preparación dunha obra da artista. O OUFF tamén presentará o caderno Cinema 23 dedicado ao Novo Cinema Galego, editado en colaboración coa plataforma Cinema23, organizadores do Premio Iberoamericano de Cine Fénix.
Nas diferentes seccións paralelas do festival, o público poderá atopar tamén as pezas Jeanette, de Xurxo Chirro; Sin dios ni Santa María e Montañas ardientes que vomitan fuego, ambas de Samuel M. Delgado e Helena Girón; Verengo, de Víctor Hugo Seoane; Share o No Share, de Juan Hervella Rego; El pozo, de Héctor Domínguez-Viguera; O Rebelde, de Óscar Doviso; Visións, proxecto comisariado por Xisela Franco e Beli Martínez e unha escolma de curtametraxes programadas en colaboración co festival Curtocircuito. Ademais, dentro do marco do Festival, terá lugar a primeira presentación oficial do libro-dvd do filme Pelerinaxes de Simone Saibene, editado pola Editorial Galaxia, e poderase coñecer varios proxectos en distinto estado de desenvolvemento como We the media, de Héctor Carré; Nación de Muchachos, de Mad Mex Filmanova e Javi Camino e Esquece Monelos, a opera prima de Ángeles Huerta. Ademais o artista e cineasta Lois Patiño, amosará por primeira vez en Europa a súa videoinstalación Tiempo vertical, levada a cabo en Marrocos a través dunha beca BBVA.