Marín acolle o I Encontro sobre Danzas Brancas

Representantes destes bailes tradicionais de todo o país encóntranse na vila este sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Danza das Espadas. Fonte: Ateneo Santa Cecilia.

Danza das Espadas. Fonte: Ateneo Santa Cecilia.

A coincidir coa celebración polo San Miguel da tradicional Danza das Espadas, Marín acolle este sábado o I Encontro sobre Danzas Brancas. O Ateneo Santa Cecilia, que organiza esta iniciativa en colaboración co Padroado e Mareantes, recibirá este sábado no Museo Manuel Torres a representantes de diferentes bailes deste tipo que se celebran en Galicia. Segundo explica a organización, o obxectivo deste primeiro encontro "poñer en común experiencias, propoñer estratexias para fortalecer estas expresións antropolóxicas e analizar que medidas cómpre adoptar para que ningunha corra o risco de desaparecer". O programa da fin de semana continuará o domingo día 2 con varias representacións da danza Danza de Espadas en diferente lugares da vila.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As escuras danzas brancas

As escuras danzas brancas

Un grande patrimonio de bailes gremiais mantense agochado en festas de carácter local

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Marín, Manuel Torres

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares