As danzas gremiais son bailes coreográficos que conservan a estrutura dos oficios tradicionais e se trasladan de pais a fillos. En Galicia existen arredor de vinte e seis grupos deste tipo que acaban de unir os seus esforzos para protexer este patrimonio inmaterial. Para iso, os seus voceiros teñen previsto realizar unha xuntanza este sábado co fin de redactar as bases que lles permitan constituírse en asociación. Unha entidade que ten previsto, entre outras accións, solicitarlle á Xunta modificar a Lei do Patrimonio para que lle dea máis cobertura ao patrimonio etnográfico.
Grupos de danzas gremiais reúnense para crear unha asociación que defenda estes bailes
Conservar o gremio
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos
