Unha nova colección AntoloxÃas da Academia acolle os dous primeiros volumes que a Real Academia Galega lle dedica ás Irmandades da Fala co gallo do centenario desta entidade. Henrique Monteagudo correu coa edición de Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. AntoloxÃa, mentres Laura Tato FontaÃña se encargou de O teatro nas Irmandades da Fala, que se presentaron onte ao público na sede da RAG na Coruña. Segundo destacou Monteagudo, "os persoeiros das Irmandades son tamén os fundadores da prosa galega moderna, o que practicamente equivale a dicir do galego culto dos nosos dÃas", mentres Tato FontaÃña apunta o papel renovador do colectivo no campo escénico. "CumprÃa representar obras que non se desenvolvesen en ambientes rurais e que os seus protagonistas fosen das clases media ou alta para desvincular a utilización da lingua das clases populares e demostrar que o galego era válido para toda a sociedade e todos os rexistros", sinala. A serie completarase cunha antoloxÃa poética, a cargo de Xosé Ramón Pena, e outra de narrativa editada por Ramón Nicolás.