A estrea do Tartufo de Molière a cargo do Centro Dramático Galego chega este venres marcando o inicio da temporada teatral do outono e enviando unha mensaxe ao sector escénico galego de "liña de cambio" respecto a anteriores producións,indicando a volta do CDG ás súas producións de formato amplo anteriores á época de axustes orzamentarios, segundo afirmou hoxe o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A produción foi presentada na sede do Centro polo representante da Xunta acompañado por Jacobo Sutil, Director de AGADIC; Fefa Noia, directora do CDG; Carles Alfaro, director da obra e o elenco case ao completo. O amplo e diverso do elenco de dez intérpretes tamén foi un dos puntos remarcados por Fefa Noia para expresar a súa satisfacción coa produción, "hai un diálogo entre xeracións" dixo Noia, "dende abaixo se ve unha mostra da boa saúde da interpretación en Galicia. Establecen un diálogo artÃstico que é un regalo poder velo." Previamente ao encontro co público a dirixente xa se quixo amosar plenamente "satisfeita co traballo artÃstico". Para Carles Alfaro o propio feito de ter elixido esta obra dálle sentido a un centro de teatro público ao non ser un feito "nada habitual" esta escolla.
A obra de Moliére cóntanos as manipulacións exercidas por Tartufo, un falso devoto que con artimañas busca quedar cos bens do seu protector Orgón, un membro da alta burguesÃa parisiense, seducir á súa muller e casar coa súa filla. A confusión entre hipocrisÃa e honestidade centra a trama da obra. "Tamén o burlado é responsable" remarcou Alfaro que asegurou que sobre as táboas poderá verse comedia pero que o texto deste clásico transcende o xénero. Para Carles Alfaro dende o momento da elección do autor e da obra xa estaba claro que todo Ãa basearse no traballo actoral, máis que no tratamento do texto ou noutras cuestións, "elixir Tartufo implica un funambulismo complicado para os actores que implica unir o lúcido e o lúdico". Explicou el que caendo na simplificación de das personaxes "moitas veces pensamos que o Tartufo é o malo cando non caemos en que o que se deixa manipular... Tamén se deixa un pouco manipular". Asà para o director traer ante o público actual esta obra do século XVII baséase sobre todo no traballo dos intérpretes e na dirección de actores "eles son os que a teñen que contemporaneizar". Tartufo estréase este venres e estará no Salón Teatro a razón de seis funcións semanais, dúas delas para o público escolar, ata o 16 de setembro, despois iniciará unha xira por nove cidades.