O vindeiro 26 de setembro bota a andar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o xa clásico ciclo Escritoras/es na Universidade, que chega á súa décimo primeira edición. Co lema Teoría de contrarios esta cita reunirá en cada unha das súas tres xornadas a dous creadores arredor de diferentes dicotomías sobre as letras. A iniciativa comeza co debate Literatura e/ou mercado? con Susana Sánchez Arins e Xesús Constela, continúa con Iolanda Zúñiga e Silvia Penas a elixir entre Poesía ou performance o 5 de outubro, e remata o 19 co debate Drama ou postdrama? a cargo de Avelina Pérez e Manuel Lourenzo. Os encontros están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo.
Non é este o único encontro literario deste outono. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza as V Xornadas de Literatura e Ensino, co tema Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016) como eixe. Ao longo do vindeiro 15 de outubro diferentes escritores e investigadores danse cita en Compostela para analizar esta cuestión. Temas como Que literatura galega nos piden os tempos?, Como explicar a historia da literatura galega desde o século XXI? ou Ficcións narrativas para conquistar novos públicos poranse sobre a mesa da man de Dolores Vilavedra, Isaac Lourido, Teresa Seara, Xosé Monteagudo, Ledicia Costas, Xosé Duncan, Camilo Franco, Helena González e Álex Alonso. O programa inclúe tamén obradoiros literarios con propostas de textos contemporáneos para as aulas. A matrícula é de balde e está aberta ata o vindeiro 13 de outubro.