Unha familia milenaria (e constante)

As mesmas liñaxes de osos cavernarios habitaron as covas galegas durante miles de anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O estudo do ADN está a permitir comprender a conduta do oso cavernario, a especie extinta que habitou as covas do occidente europeo e que chegou a convivir co ser humano. Para as investigadoras Gloria G. Fortes e Aurora Grandal, líderes dun equipo que vén de publicar o artigo "Ancient DNA reveals differences in behaviour and sociality between brown bears and extinct cave bears" na revista Molecular Ecology, este estudo revela pistas moi interesantes para entender as diferencias desta especie co actual oso pardo e claves para comprender a súa extinción. Fortes, Grandal e o seu equipo analizaron o ADN antigo localizado nos ósos dos ursos cavernarios localizados nas covas das montañas orientais galegas e noutras do norte ibérico, e descubriron que os individuos desta especie sempre hibernaban na cova na que naceran e que as liñaxes de osos cavernarios hibernando sempre na mesma cavidade podían durar miles de anos. Iso diferencia moito esta especie do oso pardo, que non practica esa conduta. Para as investigadoras, este comportamento puido influir na súa extinción, xa que o feito de hibernaren sempre no mesmo lugar facíaos de conduta predicible para os humanos Neandertais e Sapiens cos que conviviron.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADN

Claves

Conceptos