Quiosco: Grial 210

Os feminismos centran a nova entrega da revista cultural

Con data de xullo de 2016 está xa na rúa a última entrega de Grial, que corresponde co número 210. Marilar Aleixandre coordina este monográfico dedicado aos feminismos que conta con colaboracións de Saleta de Salvador, Iolanda Martínez, Carmen Castro, Olga Castro, Encarna Otero e Mariam Mariño, que tratan a cuestión feminina desde ámbitos como a economia, a empresa, a organización social, a lingüística ou a arte. A entrega inclúe tamén a recuperación do epistolario entre Antón Vilar Ponte e o nacionalista catalán Joan Estelrich nos anos 20 da man do profesor Joaquín Ventura, a conmemorar o centenario das Irmandades da Fala. David Pintor, pola súa banda, achega un artigo sobre o estado da ilustración en Galicia, entre outros contidos.