Carles Alfaro comeza os ensaios do Tartufo no Centro Dramático Galego

A obra de Molière abrirá a primeira temporada do CDG baixo dirección de Fefa Noia

A obra de Molière abrirá a primeira temporada do CDG baixo dirección de Fefa Noia
Elenco da obra. Foto: AGADIC
O equipo artístico e técnico do espectáculo Tartufo, a produción propia coa que o Centro Dramático Galego (CDG) abrirá a súa temporada 2016-17, acaba de iniciar os ensaios cara á estrea que terá lugar o 23 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Carles Alfaro, fundador da compañía Moma Teatre, dirixirás nesta obra aos 10 actores e actrices elixidos tras a convocatoria na que participaron máis de 230 candidatos. No elenco figuran Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Forneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Sáa e Patricia Torres. O equípo que levará a obra de Molière a escena complétase con Baltasar Patiño na escenografía, Diego Valeiras no deseño de vestiario, Anxo Graña na composición musical, Loli Ramos na tradución do texto e Vanesa Sotelo na asistencia de dirección; así como o equipo técnico do Centro Dramático Galego.

Con Tartufo, o Centro Dramático Galego dirixido por Fefa Noia incorpora a seu repertorio outro dos grandes clásicos da dramaturxia universal. Trátase dunha comedia de enredos que, pese á súa aparente lixeireza, posibilita unha segunda lectura sobre o peso das aparencias e o risco de confundir hipocrisía con honestidade. O novo espectáculo do CDG poderá verse na súa sede do Salón Teatro ata o 16 de outubro, data a partir da que iniciará unha ampla xira que se estenderá ata finais de ano.