O Love Festival que estaba previsto que comezase onte no recinto feiral da Semana Verde de Silleda celebrarase con toda seguridade na fin de semana do 8 ao 10 de setembro. Fontes da empresa organizadora do evento, Espectáculos La Unión, confirmaron as datas e a continuidade integral do cartel de artistas para esa nova ocasión. O emprazamento definitivo do evento asà como as causas pormenorizadas da decisión de adialo coñeceranse nunha rolda de prensa que a empresa ten previsto convocar para a vindeira semana. Desde que o sábado pasado se coñeceu a cancelación da cita desta fin de semana en Silleda por "problemas, alleos ao festival e á organización" os representantes da empresa veñen centrando os seus esforzos en atender persoalmente a todas as persoas que compraron as entradas, informalas e levar a cabo a devolución Ãntegra dos importes. Se ben aquelas que utilizaron a plataforma da súa web ou os servizos de Ticketea xa foron reintegrados totalmente os que compraron por outros medios aÃnda están nunha fase inicial de comunicación e compre que se poñan en contacto cos organizadores. A organización desmentiu ademais que existise ningún problema cos niveis de venda anticipada acadados e lamentou os problemas ocasionados aos consumidores que son “a súa prioridade” ante esta situación que cualifican de totalmente inusual nos trinta anos de experiencia en organización de espectáculos da empresa valenciana La Unión.