A XXVIII edición do Premio de Novela Manuel GarcÃa Barros, que convoca o Concello da Estrada ten xa gañador. O xurado do certame acordaba onte outorgar este galardón, dotado con 9.000 euros de premios, á obra A candidata de Miguel Sande. Segundo destacaron os encargados da selección, a novela "posúe un discurso narrativo intenso, moi traballado e de andadura sintáctica cortante e abrupta". Do mesmo xeito, sinala a "absoluta modernidade" de de temas e personaxes, "figuras degradadas ata o subsolo mais destrutivo -autodestrutivo- da condición humana" e apunta que o texto é "unha novela de impacto, existencialmente ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta". Inma Otero, Carlos Lema, Armando Requeixo, LuÃs Alonso Girgado e Carlos Loureiro como secretario foron os responsables da selección.