Mentres agardamos a que se concrete o programa de "Viñetas desde o Atlántico" chégannos as primeiras noticias da Semana de Banda Deseñada de Ourense, que se celebrará a mediados do mes de outubro.
Coincidindo con que esta é a decimoterceira edición, os organizadores realizarán este ano unha homenaxe a unha das bandas deseñadas máis destacadas da historieta española: "13 Rúe del Percebe", para o que reclaman a colaboración dos debuxantes galegos.
Por outra banda, xa podes votar os teus candidatos para o Premio Ourense á mellor iniciativa sobre a banda deseñada do ano. E, por suposto, podes enviar as túas colaboracións para a expofanzines deste ano. A continuación detallámosche as bases de cada unha destas convocatorias.
"13 Rúe del Percebe"
A décimo terceira edición das Xornadas non podÃa deixar de lado unha das máis populares achegas do tebeo español: a serie «13, rue del Percebe», creada por Ibáñez. A particular homenaxe que queren tributar estas Xornadas precisa da colaboración dos debuxantes e guionistas galegos: trátase de versionar libremente os personaxes e historias do peculiar inmoble a través de cómics, dando o paso desde o humor gráfico (varios chistes gráficos nunha páxina unidos polo mesmo marco fÃsico) á banda deseñada, é dicir, desenvolvendo unha pequena historia -de polo menos dúas viñetas-.
A historieta pode centrarse nun ou en varios dos personaxes; fóra diso, a liberdade é absoluta: pode ser humorÃstica ou mesmo dramática, de debuxo caricaturesco ou realista... A técnica é libre, en branco e negro ou en cores; o formato, calquera proporcional ao DIN A4. Todas as páxinas recibidas serán obxecto dunha exposición nas XIII Xornadas de Banda Deseñada (do 5 ao 13 de outubro de 2001); as mellores serán publicadas no nº 8 de O Fanzine das Xornadas [estase a pensar na posibilidade da publicación dun catálogo con boa parte das páxinas]. Os orixinais serán devoltos aos seus autores/as despois das Xornadas. Prazo de admisión de traballos: ata o 7 de setembro.
XI Premios Ourense de Banda Deseñada
A Casa da Xuventude de Ourense, conxuntamente coa ConcellerÃa de Cultura do Concello de Ourense, convoca os undécimos Premios Ourense de Banda Deseñada. Novamente o apartado destes premios dedicado ás mellores iniciativas na B.D. galega -tanto a persoeiros como a institucións- é decidido segundo as propostas dos afeccionados e afeccionadas de toda Galicia. Estás convidado/a a enche-lo cupón que se inclúe nesta páxina co nome ou nomes dos/as candidatos que consideres que deberÃan levar esta distinción polo seu traballo a prol do Cómic galego (autores, editores, promotores, organizadores, etc), ou ben proxectos concretos do ámbito galego.
Ata o de agora, foron galardoados co Premio Ourense nesta categorÃa XaquÃn MarÃn, AgustÃn Fernández Paz, Edicións Xerais, Miguelanxo Prado, 'A Nosa Terra', o equipo de 'A Familia Perpetua' (Carvallo, Héitor e Robledo), a Deputación da Coruña, a Biblioteca Club 33 de Santiago, Fausto Isorna, o programa 'XabarÃn Club', o Festival 'Viñetas desde o Atlántico', Fran Jaraba e a Deputación de Lugo. O outro apartado dos Premios, o dedicado ó mellor autor novel, recaerá no gañador do primeiro premio deste ano no Certame Galego de Imaxe ArtÃstica, na categorÃa C do seu apartado de Banda Deseñada. Para enviáre-lo cupón, podes utiliza-lo correo tradicional, co seguinte enderezo: Casa da Xuventude, Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense ou ben o fax, marcando este número: 988 249 930 ou tamén mediante correo electrónico, a: casaxou@teleline.es Ata o 3 de setembro de 2001.
Convocatoria da expofanzines 2001
O Colectivo Phanzynex convoca a duodécima edición da Exposición Internacional de Fanzines e Prozines (Expofanzines), integrada dentro do programa das XIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e aberta a publicacións 'amateur' de todo o mundo, adscribibles a todo tipo de temáticas. A Expofanzines 2001 e as Xornadas terán lugar nas instalacións da Casa da Xuventude de Ourense entre o 5 e o 13 de outubro deste ano. Para participardes abonda con enviar un exemplar do(s) voso(s) fanzine(s); este(s) será(n) incluÃdo(s) na exposición e mais no catálogo gratuÃto que se editará con posterioridade, tanto impreso tradicionalmente como na súa versión on-line (www.xornadas-bd.go.to). É importante indicar claramente o enderezo postal (e electrónico, se é o caso), asà como calquera outro dato que creades interesante incluÃr no catálogo, especialmente se cambiou desde a anterior edición.
Os exemplares recibidos desde xullo de 2000 ata o 15 de xullo deste ano serán incluÃdos no catálogo 2000-2001 que se publicará en agosto. Os que cheguen con posterioridade, incluiranse na edición on line do mesmo e no catálogo 2001-2002. Os novos tÃtulos e números recibidos aparecerán, en calquera dos casos, en negriña no catálogo, e recibirán maior espacio e comentarios. Ademais, algúns dos mellores fanzines serán destacados no número 8 do Fanzine das Xornadas, que, xunto co catálogo, se remesará gratuitamente a todos os participantes e a toda aquela persoa que o solicitar, nos meses seguintes á celebración das Xornadas.
A Expofanzines 2001 tamén incluirá, como ocorreu nas anteriores edicións, unha sección de fanzines electrónicos (e-zines, fanzines virtuais) que figurará no catálogo -cunha entrada independente cada un, de non ser a versión electrónica dun fanzine 'de papel', caso no que figurará na dese fanzine-. Para que un fanzine electrónico poida participar na Expofanzines, abonda con enviar un e-mail, incluÃndo tÃtulo, enderezo electrónico e postal e calquera outro dato que se considere relevante, a casaxou@teleline.es
Por motivos técnicos, só poderán ter destaque no Fanzine das Xornadas nº 8 os fanzines chegados antes do 10 de setembro. Por suposto, todos os fanzines recibidos ata o final de setembro serán exhibidos na Expofanzines propiamente dita. Mandade os vosos fanzines a Colectivo Phanzynex Rúa Manuel MurguÃa 15-5ºD E-32005 Ourense E as vosas ideas, dúbidas, preguntas, ben ao enderezo anterior ou ben ao número de fax (+34) 988 249 930 ou ao correo electrónico casaxou@teleline.es
Procurade que os datos postais do fanzine vaian escritos (mesmo manualmente) no interior deste, en prevención de posibles extravÃos dos sobres e das cartas que acompañen.

Cartel das XIII Xornadas de BD de Ourense
Obra de David RubÃn