Cando se fan 80 anos do golpe de Estado que levou á Guerra Civil e á posterior ditadura o Pazo de Trasalba acollerá este sábado un acto cultural de homenaxe aos intelectuais represaliados e perseguidos polas súas ideas. Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Alexandre Bóveda ou Anxel Xasal entre outros, será obxecto de homenaxe e recordo na sede da Fundación Otero Pedrayo co apoio da Real Academia Galega o Concello de Amoeiro e a Fundación Castelao.
A homenaxe comezará o domingo, ás 12:30 do serán, inclúe dúas disertacións académicas, unha sobre Otero Pedrayo e outra sobre Castelao; unha charla de Carlos Núñez sobre o seu pai, Albino Núñez; música; varias intervencións sobre a guerra civil e a literatura e un peche poético. Representantes da Real Academia Galega, da Fundación Otero Pedrayo, o Concello de Amoeiro xunto a intelectuais e artistas como Carlos Núñez, MarÃa Xosé Queizán, Dolores Vilavedra, Helena Villar Janeiro, LuÃs González Tosar, Xesús Rábade Paredes, Gregorio Ferreiro, Carmen Blanco, Clodomiro Montero ou MarÃa do Cebreiro, participarán na xornada.