A banda de rock nacida no Barbanza en 1992 vive a súa segunda xuventude e exhibe músculo reeditando catro dos seus primeiros discos, todos do século pasado, que estaban esgotados e descatalogados ata agora. Un digipack reúne estas catro gravacións baixo a denominación 1992-1999 (Fol Música). Xunto cun póster da banda poderemos encontrar neste paquete o seu primeiro disco A cuadrilla de Pepa a Loba (1994) ; ¡¡Está que te cajas!! (1995); Des Minutos (1997) e Erecsiones munisipales (1999).
Heredeiros da Crus reuniuse o ano pasado de novo e comezou a xira “Volta aos jaliñeiros” percorrendo dez salas ata principios de este ano. A banda sacou ademais un novo ”video-sinjle” coa canción Buscando a superfama que resultou premiado como Mellor Videoclip polo xurado do XIII Festival de Canse tamén nos Premios CREA. Heredeiros da Crus teñen confirmadas para este verán actuacións nos festivais Nordestazo Rock de Malpica o 30 de xullo e SonRÃas Baixas de Bueu a primeiros de agosto. O digipack xa está a venda en tendas ou por correo.