Ficciónate leva o novo talento audiovisual galego a Pontevedra

Celebrarase este venres 10 de xuño ás 19 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Ficciónate leva o novo talento audiovisual galego a Pontevedra

O Museo de Pontevedra acollerá Ficciónate, unha iniciativa para difundir novos talentos do audiovisual galego a través da exhibición de catro curtametrades de ficción producidos nos últimos dous anos. Son Rancor de Miguel Morales, El Comediante de Óscar Cruz, Fálame do silencio de Lois Blanco e Unary de Luis Avilés. Ficciónate nace, en palabras do promotor Andrés Rozados, "da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didactica, instructiva e con vocación cooperativa”. Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Bravú, Deputación de Pontevedra