Unha exposición fotobiográfica, música, coloquios, presentacións e recitais son os xeitos nos que a cidade de Pontevedra está a celebrar o centenario de Manuel Lueiro Rey baixo o lema Camiño aberto. O Pazo da Cultura acolle ata o vindeiro 12 de xuño a mostra de fotografÃas que percorre a vida deste escritor e xornalista nado en Fornelos de Montes. No mesmo lugar celébrase, ás 20 horas de hoxe, a presentación da reedición de Non debÃan medrar, obra de Lueiro que publica Xerais e que foi editada por Ramón Nicolás. Para o vindeiro 26 de maio está previsto un acto no que o protagonista será a poesÃa mentres o 2 de xuño abordarase a vetente xornalÃstica deste creador.
As celebracións continuarán o 9 de xuño cun encontro no que especialistas como LuÃs Cochón, Antonio Chaves, Marilar Aleixandre, Eli RÃos ou Xesús Alonso Montero tratarán os perfÃs humanos, literarios e polÃticos do homenaxeado. Canda a todos eles, unha selección de artistas plásticas como Pepe Caccamo, Miguel Karballo, Sula Repani, Claudio Maseiro, Antón Sobral, Carmen Hermo, Rosa Úbeda ou Itziar Ezquieta participan tamén coas súas obras neste recoñecemento.