Os Premios Opinión de Música de RaÃz tiveron onte un dúo de gañadores claro. Pedro Lamas e Alberto Somoza, impulsores e coordinadores da Orquestra de Jazz de Galicia impuxéronse en dúas das tres categorÃas destes galadóns. En concreto, levaron o premio ao mellor artista e mais o de mellor disco por Fame, álbum de debut desta formación, que basea o seu repertorio na nosa tradición musical pasada por un filtro de jazz. Segundo explica Óscar Losada, crÃtico musical do xornal La Opinión na presentación dos finalistas "a presenza da orquestra de Jazz de Galicia cun proxecto baseado estritamente en música tradicional galega marca un punto de inflexión na nosa música. Guste máis ou menos estamos diante dun traballo histórico que foi quen de unir dous mundos que non tiñan demasiada convivencia e fixérono con moita soltura". Canda a eles, o mellor tema do ano foi Libre para voar, de Sérgio Tannus, que se inclúe no novo disco de Sonia Lebedynski,
O premio Andaina Senlleira, que recoñece toda unha traxectoria no mundo da música, foi nesta ocasión para Amancio Prada. A gala de entrega dos galardóns que se celebrou onte no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña serviu tamén para a presentación ao vivo de Aliboria, o novo proxecto musical de Xosé Lois Romero baseado na percusión tradicional.