O IES As Telleiras de Narón celebra as súas II Xornadas de BD.

Un instituto ós cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Instituto de Ensino Secundario As Telleiras de Narón celebra, durante a primeira semana de febreiro a segunda edición das súas Xornadas da Banda Deseñada.

Ó igual que na anterior edición, entre as actividades destas xornadas figuran a visita de varios debuxantes ó centro para falar cos alumnos e facer demostracións en vivo dos seus traballos. Desta volta serán Miguelanxo Prado, Siro López e Norberto Fernández os convidados. Onda eles tamén estará Miguel Vázquez Freire, director da desaparecida revista "Golfiño".


O luns día catro será Vázquez Freire o que achegue ós rapaces ó mundo da BD, tocándolle o mércores a Roberto Fernández amosar o seu bo facer como debuxante. O xoves sete é o turno do noso debuxante máis recoñecido, Miguelanxo Prado, rematando as conferencias o venres coa intervención do veterán Siro.


Ademais de saber como debuxan os profesionais, os alumnos das Telleiras tamén poderán participar nun concurso de BD no que deberán amosar como é un día no insituto. Todos os traballos participantes exporanse nunha mostra colectiva.
Na anterior edición destas xornadas participaron Xaquín Marín, Kiko da Silva e José Tomás, e organizouse unha mostra de debuxos e de álbumes.Con ocasión desa primeira edición, a biblioteca do centro adquiriu unha abondosa colección de bandas deseñadas e de bibliografía sobre o xénero.


A iniciativa destas xornadas xurdiu a raíz do interese que espertou entre o alumnado o feito de que varios estudiantes do centro gañasen un certame de BD da ONCE no curso 98-99.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Banda deseñada, Ensino, Miguelanxo Prado...