Xunta e sector audiovisual procuran unha estratexia conxunta para 2016-2020

Reuníronse onte na Cidade da Cultura

A Xunta, a Televisión de Galicia e seis entidades e asociacións audiovisuais reuníronse onte na Cidade da Cultura co obxectivo de definir unha estratexia conxunta para este sector entre os anos 2016 e 2020, definindo prioridades e prazos. Na xuntanza participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e nela tamén participaron Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Agadic; Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia; Fernando Rodríguez Madriñán, director do departamento de Programación e Emisión de TVG; Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual; Mar Varela, xerente do Clúster Audiovisual Galego (Clag); Dolores Ben, presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi); Ramón Domínguez, presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA); Jorge Coira, presidente da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia-CREA; e Daniel Domínguez, vogal Asociación Galega de Guionistas.