Jorge Monlongo opta ao premio do Saló del Cómic Barcelona a Autor Revelación

Autores galegos de BD colaboran no fanzine Nimio, que tamén opta a un galardón

A presenza galega nos premios do Saló del Cómic de Barcelona diminuiu notablemente desde que estes premios se reduciron ás categorías de mellor autor ou autora, mellor obras estranxeira, autor revelación e mellor fanzine. Deste xeito, este ano a única representación galega nas candidaturas é a de Jorge Monlongo. Este creador nado en Ribadeo e asentado en Madrid leva anos a traballar para diferentes franquías do mercado americano (Hello Kitty, Mameshiba, Vaca e Polo ou Peabody e Sherman) e publicou con Caramba! este ano No me pegues que llevo gafas, unha sátira sobre o mundo hipster. A outra pegada galega nestes galardóns é a candidatura da cabeceira valenciá Nimio, na que teñen colaborado varios autores do país ao premio ao mellor fanzine.

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiQ1aqM7rXLAhWlBZoKHYZ1A1cQFggdMAA&url=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Frevistanimio%2F&usg=AFQjCNH-icW0vcko7S3qlyHId3NqnmNoUA&sig2=Aez-2nQcsq2a9PR1w_t0wA

Entrevista a Jorge Monlongo no Metrópoles Delirantes 45.