Logo do EP Social Misfits e de Titanomakhia, a banda anteriormente coñecida como Mutant Squad reinvéntase para o seu novo traballo. Mutant está en plena xira de presentación de Pleiades, un álbum de oito temas autoeditado e financiado mediante crowdfunding. Na súa evolución, a banda aposta por sons máis progresivos e elaborados sen abandonar a súas coordenadas de trash metal. O trÃo compostelán achega composicións longas e incorpora a Xalo a substituÃr a Campi no baixo e como acompañamento vocal. As vindeiras paradas do proxecto no noso paÃs serán o vindeiro 18 de marzo no 981 United da Coruña e o 8 de abril en La Fábrica de Chocolate, en Vigo.