Despois de oito anos de traballo e dunha trintena de tÃtulos na rúa, Estaleiro Editora bota o fecho. A iniciativa sen ánimo de lucro, que funcionaba como asociación cultural, tirou todos os seus traballos con licenzas Creative Commons e publicounos de balde na rede. No seu haber figura ter publicado os primeiros traballos de autores como Rubén Ruibal e Alberto Lema, ademais de ensaios, poesÃas ou traducións de autores internacionais á nosa lingua. Os derradeiros lanzamentos do proxecto serán unha monografÃa sobre Gilles Deleuze coordinada polo colectivo Derriba e mais un poemario bilingüe do catalán Pau Gener.