Seis anos despois de o gravar ve a luz The Wind Factor, o álbum que gravou o clarinetista Xocas Meijide canda á Banda Municipal de Música da Coruña. O disco que edita Xingra achega a composición homónima do coruñós Nani GarcÃa ademais das pezas Drill, e Evan Ziporyn e mais Tre sentimenti de Jan van der Roost. Meijide volveu a tomar o clarinete baixo o pasado domingo sete de febreiro para interpretar o seu disco, desta volta no Teatro Principal de Compostela acompañado pola banda municipal.