A Feira do Libro de Bos Aires, que se celebrará do 21 de abril ao 9 de maio, conta este ano con Santiago de Compostela como cidade convidada. É por iso que a Xunta de Galicia vai levar unha ampla embaixada de autores e autoras non só do ámbito literario, senón tamén do institucional, editorial e da divulgación científica. Os autores convidados son: Manuel Rivas, Domingo Villar, Xavier Queipo, María Solar, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Murado, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Xaquín del Valle-Inclán, Diego Ameixeiras, Cesáreo Sánchez, Chus Pato, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, María Meijide, Xavier Alcalá, Luís G. Tosar, Elena Gallego, Clara Gayo, Antón Lopo, Benigno Campos, Ángel Carracedo e Jorge Mira. Darán a coñecer a súa obra no marco das actividades da feira.
Vinte e cinco autores e autoras promoverán a produción literaria e cultural galegas en América na Feira Internacional do Libro (FIL) de Buenos Aires 2016, que se celebrará na cidade arxentina do 21 de abril ao 9 de maio. Con motivo da designación de Santiago de Compostela como cidade convidada na cuadraxésimo segunda edición deste evento, a Xunta de Galicia aproveitará esta oportunidade única para programar en distintos espazos da cidade porteña actividades que contribúan a reforzar a proxección da creación cultural galega e a establecer novos lazos coa cultura arxentina.
Autores e autoras dos diferentes ámbitos da escrita, desde a poesía, á narrativa, o teatro, o ensaio, a ilustración, a divulgación científica e a gastronomía, estarán presentes na programación.
Novas oportunidades comerciais