Berrobambán presenta Xurdefet

A compañía estrea esta fin de semana a súa nova obra en Compostela

O Teatro Principal de Compostela acolle este venres 15 de xaneiro a estrea do novo proxecto de Berrobamán. Paula Carballeira adapta en Xurdefet textos do francés Jacques Prévert nun espectáculo para público familiar. A partir do oema Jour de fête (Día de festa ) preséntase unha dramaturxia na que se mesturan diferentes creacións deste autor e que abordan cuestións como o abandono, a relación cos animais, o aburrimento ou a liberdade. Canda a Carballeira, interveñen no escenario Nuria Sanz e Chiqui Pereira, quen tamén dirixe o proxecto. Ademais da sesión do 15, as 19 horas, o espectáculo poderá verse na capital galega o día 16 en dúas sesións ás 12 de ás 18:30 horas.