Faleceu Victoria Canedo

A coreógrafa foi a última directora do Ballet galego Rey de Viana

A coreógrafa, mestra de baile e última directora do Ballet galego Rey de Viana, Victoria Canedo Rodríguez (Santiago, 1924) faleceu onte na súa casa de A Coruña. Viúva do fundador da compañía de Danza, José Manuel Rey de Viana (1923-1995), Victoria Canedo exerceu a dirección da mesma desde o falecemento do seu esposo continuando o seu traballo e elaborando novas coreografías ata a súa destitución pola Conselleira de Cultura Ánxela Bugallo no ano 2005, o que supuxo tamén a desaparición no organigrama do IGAEM da compañía Ballet Galego Rey de Viana.



O Ballet Galego Rey de Viana existiu como compañía de danza de carácter desde 1949, primeiro cunha natureza exclusivamente privada da man do seu fundador e a súa muller, para pasar no ano 1971 a traballar baixo o abrigo da Deputación da Coruña e desde 1990 dentro da estrutura da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A compañía levou o seu repertorio de interpretación clásica do folclore por toda Europa e América nas seguintes décadas . A compañía recibiu 20 premios internacionais e nacionais, entre os que destacan: 1º premio Ciudad de Cáceres do Festival de Danza Hispanoamericana en 1959, Galardón ao mejor conxunto estranxeiro nos Festivais Internacionais de Bélxica, Primeiro Ballet Folclórico do mundo, título otorgado no "Festival Céltico de Quimper" no ano 1969, Alfonso X o sabio, Medalla de Ouro da Feria Mundial de Nova York, Medalla de Ouro do Festival Milenario de Luxemburgo.