O 27 de decembro de 1935 a editorial compostelá Nós, dirixida por Ánxel Casal, tiraba do prelo a primeira edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Para conmemorar os 80 anos daquel histórico lanzamento, o Concello de Santiago organizou este domingo un acto literario e musical na Rúa do Vilar, onde estaba instalada a imprenta de Casal. Pola súa banda, Biblos Clube de Lectores presentaba onte, tamén en Compostela, o volume 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, un volume no que 36 poetas galegos réndenlle homenaxe ao autor andaluz. O volume inclúe tamén os versos orixinais e seis ilustracións de autores do país.