Óscar Avendaño presenta Burro

O músico vigués acompáñase de Mauro Comesaña e Andrés Cunha para o seu novo proxecto

18/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Co nome de Óscar Avendaño & Reposado, o músico vigués volta e presenta o seu terceiro traballo. Burro é un álbum autoeditado que sae á venda dunha dupla edición en digipack e en vinilo e alta gramaxe. Avendaño acompáñase nesta ocasión de Mauro Comesaña, de The Soul Jacket, a se encargar de percusión e coros, e Andrés Cunha de Los High Sierras a ocuparse do baixo. O álbum, na liña de Avendaño, aposta por un rock nidiamente americano, con tintes de blues e de folk e foi gravado en GuitarTown Recordings.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Folk, Rock, DUPLA

Claves

Entidades
Conceptos