Unha inédita alianza de cantautores lanza Cincoparedes

O proxecto presenta esta noite o seu disco no Ágora da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Unha inédita alianza de cantautores lanza Cincoparedes

Teñen carreiras en solitario e apostan polos temas propios. Iso non quita que os cantautores Silvia Penide, Félix Arias, Luis Moro, César de Centi e Nando Deibe teñan apostado por unha alianza para o proxecto común Cincoparedes, que presente esta noite o seu primeiro disco, homónimo. O que comezou como un proxecto escénico puntual en xaneiro deste ano deu nunha serie de concertos e finalmente nesta gravación, que achega quince temas orixinais que os membros do colectivo interpretan en conxunto, incorporando ás guitarras instrumentos como piano, ukelele, armónica ou percusión. O Ágora da Coruña acolle esta noite a presentación do proxecto, que se gravou nos estudios Bruar da Cidade Herculina.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ágora, Silvia Penide, Cidade Herculina

Claves

Protagonistas
Entidades