Antonio Manuel Fraga Allegue leva o I premio Antón Risco de Literatura Fantástica

Tamén foi recoñecida a novela Peixe Babel, de Carlos Quiroga

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Querido H.P.L é o título da novela coa que Antonio Manuel Fraga Allegue se facía onte coa primeira edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, dotado con 3.000 euros. O autor impúxose entre as 18 obras presentadas a este certame que convocan Urco Editora, a Fundacion Vicente Risco, Sacauntos Cooperativa Gráfica, a Libraría Aira das Letras, a Livraria Traga-mundos, a Pastelería Fina Rei e o Restaurante Pingallo, Ademais, o xurado, composto por Mario Regueira, Isabel Mociño, Mila da Aira, António Ságue e Joâo Madureira e actuando como vocais da Urco editora e sen voto, Tomás González Ahola e David Cortizo Conde acordou recoñecer como finalista a novela Peixe Babel, de Carlos Quiroga, que tamén será publicada.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Antón Risco, Antonio Manuel Fraga, Literatura...